top of page
ORG_DSC00710-01_20160123151007199-01.jpe

BOTEIROS

O boteiro é a figura máis emblemática da escena de Viana do Bolo. Dependendo da súa zona de orixe, os traxes e a dinámica do boteiro cambian. No concello de Viana hai tres tipos diferentes de boteiros : o de Viana do Bolo, o de Fornelos de Filloás e o de Vilarmeao. As funcións do boteiro están (e estiveron sempre)
estreitamente ligadas ao fulión , que é o séquito ao que anuncia e abre o camiño.

 

Para separar ao público, o boteiro pode empuxar, baixar a máscara e a pantalla ou arrastrar a monca cara adiante mentres corre, indicando así ao público espectador o espazo que hai que deixar libre. Tamén trota para facer soar as esquilas ou dar saltos apoiados na monca para amosar a súa forza e habilidade. O seu aspecto vistoso, a súa enorme pantalla, os seus saltos e piruetas, etc. fan que esta figura non pase desapercibida, converténdose no protagonista indiscutible do noso Entrudio . 

 

O boteiro leva unha máscara de madeira tallada e unha pantalla de arame e cartón forrada con tiras de papel de cores (pode pesar ata 7 quilos). O traxe ten un cinto forrado con esquilas que, co seu ruído, marcan a chegada dos boteiros . A camisa está feita con tiras de tecido de lazos de distintas cores fruncidas e cosidas a man. Ademais, o boteiro leva nunha das súas mans unha ampla pértega ou estaca de madeira chamada monca. A elaboración do traxe e a máscara de boteiro está totalmente feita a man, polo que leva varios meses facelo.

00:00 / 00:08

Viana do Bolo

00:00 / 00:25

Fornelos de Filloás

00:00 / 00:20

Vilarmeao

bottom of page