top of page
FESTADAANDROLLA (11).JPG

FIESTA DA ANDROLLA

O Domingo gordo do Entrudio de Viana do Bolo celébrase a Festa da Androlla, unha multitudinaria comida que ten lugar despois do desfile de fulións e que congrega a máis de 3.000 persoas dentro do pavillón polideportivo e nos seus arredores. O menú comeza cun caldo con croutóns, seguido de cachelos, grelos, lacón, chourizo e androlla. O menú remata coa bica de Viana e a tradicional queimada.

 

A androlla é un embutido típico da comarca de Viana, elaborada en tripa gorda, afumada coma un chourizo e rechea de costela de porco adobada, todo aderezado con sal, pemento doce e picante e un pouco de allo . Hai

que afumalo durante dez días e secalo durante uns dous meses antes de que estea listo para cociñar. As entradas pódense conseguir chamando ao Concello.

 

Lembra que as entradas son limitadas e esgótanse en pouco tempo. Non está permitida a entrada ao evento sen a entrada oficial.

Screen Shot 2021-03-08 at 10.51.42.png
FESTADAANDROLLA (2).JPG
bottom of page