top of page

ELEMENTOS E PERSONAXES

00:00 / 00:57

BOTEIRO

O boteiro é a figura máis emblemática do Entrudio de Viana do
Bolo. Dependendo da súa zona de orixe, os traxes e a dinámica
do boteiro cambian.

As funcións do boteiro están (e estiveron sempre) estreitamente ligadas ao fulión, ao que anuncia e abre o camiño. Para separar ao público, o boteiro pode empuxar, baixar a máscara ou arrastrar a monca cara adiante mentres corre, indicando así aos espectadores e espectadoras o espazo que hai que deixar libre. Tamén trota para facer soar as esquilas ou da saltos apoiados na monca para amosar a súa forza e habilidade.

FULIóN

A veciñanza de Viana do Bolo e dos pobos dos arredores organízanse para saír a tocar o fulión polas rúas da súa aldea ou aos pobos veciños onde son recibidos cos brazos abertos.

O fulión está formado por un grupo de veciños/as que, tocando instrumentos tradicionais como bombos e aixadas, percorren as rúas da súa cidade ou pobos veciños. Cada fulión ten un ritmo particular que varía segundo a cidade da que procede.

Screen Shot 2020-06-22 at 08.09.10.png
00:00 / 01:23
Screen Shot 2020-06-22 at 08.39.09.png

FARIÑA

En Viana do Bolo existe a tradición de botar fariña. Dende o xoves
de Compadres, o día no que 

comeza oficialmente o entrudio en
Viana, os compadres botan fariña ás comadres.

O xoves de Comadres xiran as tornas e as comadres botan fariña aos compadres, a partir deses días bótanse fariña uns aos outros é
viceversa.

A batalla medra, sendo os días máis fortes o sábado e o martes de entrudio, nos que a praza maior está cuberta de fariña.

COMPARSA e DISPUTAS

Unha comparsa está composta por un grupo de mozos dunha aldea
que viaxan durante o Entrudio a outros lugares veciños para representar pezas teatrais divertidas chamadas disputas. 

 

Estes grupos teñen unha serie de personaxes fixos: o director, a moza ou
madama, o pallaso, os músicos e as “esquilas” ou vellos de “esquilas”.

COMPARSAS (4).JPG
LARDEIRO.jpg

LARDEIROS

Os lardeiros son bonecos que, orixinalmente, se facían con roupa
roubada (os nenos ás nenas e viceversa). Adoitaban estar colgados nos lugares máis altos e inaccesibles para que o propietario/s ou propietaria/s non puideran recuperar a súa roupa, que deberá permanecer alí exposta ata o final do Entrudio. 

 

Ademais, a figura dos lardeiros constituía unha parodia e unha burla de excesos masculinos e femininos, polo que, en cada un, se esaxeran certos atributos ou comportamentos.

 

Os lardeiros quéimanse no 

Martes de Entrudio pola noite. Representando, dalgún xeito, o final do Entrudio .

A MULA

A mula é outra figura emblemática,  exclusiva do 

pobo de Viana.


Consiste nun cadro que simula o devandito animal e que está feito cunha caveira dun cabalo, un pau que serve para sostelo e unha manta ou pano que serve para ocultar a identidade das dúas persoas debaixo.

 

O obxectivo da mula é patear e rebelarse contra o maragato (o persoa que o dirixe) para facer rir á xente e deixar paso ao fulión.

MULA (3).JPG
CarrozaQuintela.jpg
CARROZA
 Carroza

CARROZAS

As carrozas son un elemento que non pode faltar nos desfiles dos fulións do Domingo Gordo. As carrozas ofrecen un toque de tradición e modernidade ao desfile, xa que varían representando desde escenas clásicas como a matanza, o afiador, etc. pasando por crítica política dos escándalos do momento a programas de TV e temas de actualidade.

 

As carrozas son extremadamente
complexas e están feitas con elementos recollidos no contorno
local, como polas de árbores, madeira, pedras, etc. Na galería verás fotos da gran variedade de carrozas que desfilaron no entrudio
Viana do Bolo.

bottom of page