HISTORIA
Non se sabe con certeza as orixes do Entrudio de Viana do Bolo.
Ao formar parte dunha cultura tradicional, a transmisión de rituais e
coñecementos produciuse de xeración en xeración a través da
oralidade. Isto explica a escaseza de documentación escrita que só
permite certificar a existencia do Entrudio desde principios do
século XX. Hai varias teorías, unha delas considera que procede da
época prerromana, época na que se celebraban ritos relacionados
coa agricultura e a gandería nesta época. Non obstante, tal e como
o coñecemos hoxe, comezou a celebrarse a principios do século
XX. Dun xeito ou doutro, moitos consideran o Entroido de Viana do
Bolo como un dos máis arraigados e tradicionais entre os
celebrados en Galicia.
Agora, é evidente que a complexidade e variedade da tradición
reduciuse co paso do tempo. Tanto os escritos como os testemuños
orais e fotográficos dan conta de figuras e prácticas perdidas como
a corrida do galo , os reis de galos , o entrudio , o zamarreiro, a
vella, os foguetes, a indumentaria tradicional dos boteiros de
Quintela do Pando e Fradelo ou as fuliadas . En boa medida, estas
perdas responden a dúas razóns principais: a primeira ao
despoboamento e a falta de xente nas aldeas e a segunda a un
cambio de mentalidade que desterrou esas prácticas e figuras máis
groseiras.
Na actualidade conservamos os seguintes elementos: a fariña, os
fulións, tres tipos diferentes de Boteiros (o de Viana, o de Fornelos
de Filloás e o de Vilarmeao), as comparsas (recuperadas en 2019),
a mula , os lardeiros e algún personaxe exclusivo de vilas
específicas, como o caso da patumada , de Fornelos de Filloás.
Pedro Basalo Bembibre, Asociación Cultural Robreda